Temario

Bloque 1. A base molecular e fisicoquímica da vida.

1.1. Compoñentes químicos da vida. Concepto de bioelemento. Tipos, propiedades e funcións dos bioelementos.
1.2. Os enlaces químicos e a súa importancia en bioloxía.
1.3. Biomoléculas: concepto, clasificación e técnicas de separación.
1.4. Biomoléculas inorgánicas. Estrutura e propiedades fisicoquímicas da auga que a fan unha molécula imprescindible para a vida. Funcións dos sales minerais.
1.5. Fisicoquímica das dispersións acuosas. Difusión, osmose e diálise.
1.6. Biomoléculas orgánicas: concepto, clasificación, estrutura, propiedades e funcións biolóxicas de glícidos, lípidos, prótidos e ácidos nucleicos.
1.7. Encimas: concepto, clasificación, propiedades e funcións. Catálise enzimática. Activación e inhibición enzimática. Alosterismo.
1.8. Vitaminas: concepto, clasificación e funcións.

 
Bloque 2. A célula viva. Morfoloxía, estrutura e fisioloxía celular.

2.1. A célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos. Teoría celular.
2.2. Evolución dos métodos de estudo das células. Preparación e procesamento das mostras para a observación ao microscopio óptico e electrónico.
2.3. Morfoloxía celular. Composición, estrutura, funcións e propiedades das envolturas e dos orgánulos celulares.
2.4. Modelos de organización celular en procariotas e eucarióticas. Células animais e vexetais.
2.5. Observación microscópica de células procariotas e eucariotas tanto animais como vexetais.
2.6. Ciclo celular.
2.7. División celular. Mitose en células animais e vexetais.
2.8. Meiose. Necesidade biolóxica da meiose para a reprodución sexual. Importancia da reprodución sexual na evolución dos seres vivos.
2.9. Observación de células en mitose. Estudo das fases da división celular.
2.10. Importancia da membrana nos fenómenos de transporte. Tipos de transporte. Endocitose e exocitose.
2.11. Introdución ao metabolismo: catabolismo e anabolismo.
2.12. Reaccións metabólicas: aspectos enerxéticos e de regulación.
2.13. Respiración celular: o seu significado biolóxico. Orgánulos celulares implicados no proceso respiratorio.
2.14. Diferenzas entre as vías aeróbicas e anaeróbicas.
2.15. As fermentacións e as súas aplicacións. Observación do proceso de fermentación mediante lévedos.
2.16. Fotosíntese: localización celular en procariotas e eucarióticas. Etapas do proceso fotosintético. Balance global.
2.17. Importancia biolóxica da fotosíntese.
2.18. Quimiosíntese.

 
Bloque 3. Xenética e evolución.

3.1. Xenética molecular. Importancia biolóxica do ADN como portador da información xenética. Concepto de xene.
3.2. Replicación do ADN. Etapas da replicación. Diferenzas entre o proceso replicativo entre eucarióticas e procariotas.
3.3. ARN: tipos e funcións.
3.4. Fluxo da información xenética nos seres vivos.
3.5. Expresión dos xenes. Transcrición e tradución xenéticas en procariotas e eucarióticas. O código xenético na información xenética.
3.6. Resolución de problemas de xenética molecular.
B3.5. Expresión dos xenes. Transcrición e tradución xenéticas en procariotas e eucarióticas. O código xenético na información xenética.
3.6. Resolución de problemas de xenética molecular.
3.7. Regulación da expresión xénica.
3.8. Mutacións: tipos. Axentes mutaxénicos.
3.9. Mutacións e cancro.
3.10. Implicacións das mutacións na evolución e na aparición de novas especies.
3.11. Enxeñaría xenética. Principais liñas actuais de investigación. Organismos modificados xeneticamente.
3.12. Proxecto xenoma: repercusións sociais e valoracións éticas da manipulación xenética e das novas terapias xénicas.
3.13. Xenética mendeliana. Teoría cromosómica da herdanza. Determinismo do sexo e herdanza ligada ao sexo e influída polo sexo.
3.14. Evidencias do proceso evolutivo.
3.15. Darwinismo e neodarwinismo: teoría sintética da evolución.
3.16. Xenética de poboacións. Frecuencias xénicas e a súa relación coa evolución.
3.17. A mutación e a recombinación xénica como procesos que xeran cambios e adaptacións. Principios da selección natural.
3.18. Evolución e biodiversidade.
3.19. Proceso de especiación. Modelos de especiación.

 
Bloque 4. O mundo dos microorganismos e súas aplicacións. Biotecnoloxía.

4.1. Microbioloxía. Concepto de microorganismo. Microorganismos con organización celular e sen ela.
4.2. Virus, outras formas acelulares e partículas infectivas subvirais. Bacterias. Fungos microscópicos. Protozoos. Algas microscópicas.
4.3. Observación microscópica de protozoos, algas e fungos.
4.4. Métodos de estudo dos microorganismos. Esterilización e pasteurización.
4.5. Realización de experiencias de cultivo de microorganismos.
4.6. Microorganismos nos ciclos xeoquímicos.
4.7. Microorganismos como axentes produtores de doenzas.
4.8. Biotecnoloxía. Utilización dos microorganismos nos procesos industriais: produtos elaborados por biotecnoloxía.
4.9. Realización de experiencias con microorganismos fermentadores.

 
Bloque 5. O sistema inmunitario. A inmunoloxía e as súas aplicacións.

5.1. Concepto actual de inmunidade. Sistema inmunitario. Defensas internas inespecíficas.
5.2. Inmunidade específica: características e tipos (celular e humoral). Células responsables.
5.3. Identificación de células inmunitarias mediante a súa observación.
5.4. Mecanismo de acción da resposta inmunitaria. Memoria inmunolóxica.
5.5. Antíxenos e anticorpos. Estrutura dos anticorpos. Formas de acción. A súa función na resposta inmune.
5.6. Reacción antíxeno-anticorpo: tipos e características.
5.7. Inmunidade natural e artificial ou adquirida. Soros e vacinas. A súa importancia na loita contra as doenzas infecciosas.
5.8. Disfuncións e deficiencias do sistema inmunitario. Alerxias e inmunodeficiencias.
5.9. Sistema inmunitario e cancro.
5.10. A SIDA e os seus efectos no sistema inmunitario.
5.11. Doenzas autoinmunes.
5.12. Anticorpos monoclonais e enxeñaría xenética.
5.13. Transplante de órganos e problemas de rexeitamento. Reflexión ética sobre a doazón de órganos, medula e sangue.